domingo, 30 de janeiro de 2011

RAIOLA, RAIOLIÑA (CANCIÓN DE BERCE)


RAIOLA, RAIOLIÑA
RÁ PEQUENA, PEQUENIÑA.
RAIOLA, RAIOLIÑA
RÁ CON DOR…
NA BARRIGA, BARRIGUIÑA.
RAIOLA, RAIOLIÑA
DURME, DURME,…MIÑA RAIÑA.

PREPARAMOS UN POEMA EN BRAILLE DO POETA PACO SOUTO TITULADO "REDEIRAS" PARA OS CENTROS DE LLEIDA, ASTURIAS E VALENCIA.











O NOSO CALIGRAMA: A SEREA DE SÁLVORA TOCA A BUGUINA CONVERTIDA NUNHA ARPA.


FOTOGRAFÍAS DE BUGUINAS FEITAS NA CLASE.

FOTO DA PRAIA DO VILAR






SEREA DE SÁLVORA E BUGUINA QUE SE CONVIRTE EN ARPA.


EXPERIMENTANDO CON FORMAS.

CALIGRAMAS DE APOLLINAIRE





O GATO PEPIÑO (TIRADADOS)


DADO, DADIÑO
CANTOS BIGOTES TEN
O GATO PEPIÑO?

domingo, 23 de janeiro de 2011

CONTO, CONTOLÁN (Pechacontos)





…E ESTE CONTO, CONTOLÁN,
QUERE IR A DURMIR,
SÓPRALLE NUNHA ORELLA
PARA QUE POIDA BULIR.

O SAPO ERNESTE (Tiradados)



DADO, DADETE
CANTOS SALTOS DA
O SAPO ERNESTE?

MÁIS MARIQUIÑAS






CARACÚ, CARACÁ! (conto-poema encadeado)




CARACÚ, CARACÁ!
CANTA O VERME
CANDO ATOPA UN CHÍCHARO VERDE.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA O GALO CRESTACERDE
CANDO ATOPA UN VERME.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA A SERPE
CANDO ATOPA UN GALO CRESTACERDE.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA A AGUIA
CANDO ATOPA UNHA SERPE.

O ZAPATO DO GATO (conto sen fin)


O GATO TIÑA UN ZAPATO.
O ZAPATO ERA DE ESCAMAS.
AS ESCAMAS ERAN DUN PEIXE.
O PEIXE ERA DAS CHARCAS.
AS CHARCAS ERAN DAS RAS.
ESTA É UNHA HISTORIA…
QUE XAMÁIS NINGUÉN EN NINGURES,
REMATOU…
NEN TI REMATÁS.

A CRESTA DA GALIÑA BALBINA (COMEMOS ALIMENTOS PARA VER SE NOS CAMBIA A COR DO PELO)



A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA CEREIXA DA CESTA,
E PUXOSELLE VERMELLA A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA LEITUGA DA CESTA
E PÚXOSELLE VERDE A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA PIÑA DA CESTA
E PÚXOSELLE MARRÓN A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA BERENXENA DA CESTA
E PÚXOSELLE VIOLETA A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA CABAZA DA CESTA
E PÚXOSELLE LARANXA A CRESTA.

OS NOSOS BARCOS CON NOMES DE PEIXES GALEGOS.











NO PRIMEIRO TRIMESTRE AS FAMILLIAS TROUXERON LISTAXES CON NOMES DE PEIXES. AGORA FORON ESCRITOS POLOS NENOS/AS NOS BARCOS COS QUE XOGARÁN NOS RECREOS.








SEGUIMOS COAS NOSAS MARIQUIÑAS











domingo, 16 de janeiro de 2011

BRUXA (Nominada os Goya 2011)

LA BRUXA from lafiestapc on Vimeo.

ROUPAS DAS MARIQUIÑAS FEITAS POLAS FAMILIAS: EMPEZAMOS A FACER O CATÁLOGO DE MODA.






















TIRADADOS

COBRA SAPEIRA,
COBRA SAPEIRA,
CANTO MIDES,
TODA ESTIRADA,
TODA ENTEIRA?



FERREIRIÑO ABELLEIRO,
FERREIRIÑO ABELLEIRO,
CANTAS ABELLAS TES
NO PETEIRO?

SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS.

DESEÑO DE CARTEL E AUTOCOLANTE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP DE AGUIÑO.


TIRADADOS





DADO, DADEIRO
CANTAS XOUBAS
HAI NO CALDEIRO?


DADO, DADEIRO
CANTOS XURELOS
LEVAN SOMBREIRO?

O GRILO CAMILO



AI QUE LIO! AI QUE LIO!
O GRILO CAMILO CRIQUEABA TODA A MAÑÁ: CRI,CRI!/CRI,CRI!
COLUMPIANDOSE ENRIBA DUN FIGO.
AI QUE LIO! AI QUE LIO!
O GRILO CAMILO CRIQUEABA TODA A TARDE: CRI,CRI!/CRI,CRI!
COLUMPIANDOSE ENRIBA DUN FIGO PENDURADO DUN FIO.
AI QUE LIO! AI QUE LIO!
O GRILO CAMILO CRIQUEABA TODA A NOITE: CRI,CRI!/CRI,CRI!
COLUMPIANDOSE ENRIBA DUN FIGO PENDURADO DUN FIO,
QUE ROMPEU CAENDO AO RIO.
AI QUE LIO! AI QUE LIO!
O GRILO CAMILO SÓ CRIQUEABA UN CHISQUIÑO:
AI QUE CRIFRIO!, AI QUE CRIFRIO!
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog