segunda-feira, 29 de março de 2010

Chegaría o Mouro a Reirís nalgún dos cabalos de cores de Franz Marc?













O rei Reirís da Lagoa montou no seu cabalo.









CABALOS DE: BOTERO, VELÁZQUEZ, PICASO, ROUSSEAU, MAGRITTE...

quarta-feira, 24 de março de 2010

domingo, 21 de março de 2010

Buscando letras e números na obra de Klee.




A Primavera de Arcimboldo.

Cal é a imaxe da PRIMAVERA? (Obra de Alfons Maria Mucha)

Primavera (Manuel María). Onde está Cupido?



Están tódalas carpazas
co lilailo da súa flor.
¡No corazón das rapazas
nacen cantigas de amor!
Hai ledicia verdadeira
nas flores e nas espiñas.
¡Xa chegou a Primavera
no bico das anduriñas!

21 de Marzo: Día da Poesía. Dous poemas relacionados cos temas traballados este trimestre.




NON QUERO SER PRÍNCIPE


NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE QUERO SER RA,
PATIÑAS LIXEIRAS
E LAMA NA MAN.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE BRANCO CABALO,
NIN VER Á PRINCESA,
NIN TER UN CRIADO.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE ANDE ÁS BATALLAS,
QUE DURMA NA CÁRCERE
DAS ALTAS MURALLAS.
EU QUERO O SILENCIO
DA LAGOA ESCURA,
CROAR CADA NOITE,
SOÑAR COA ESPESURA.
EU QUERO A LENTURA
DA ERBA ESQUECIDA,
O ULIDO DAS FLORES
NUNHA AMAÑECIDA.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE SEDA TAPADO,
NIN LEVAR ESPADA
NIN USAR CALZADO.
¡DEIXÁDEME LIBRE
QUE QUERO SER RA,
QUE AS AUGAS ME FALEN
DO QUE HAI MÁIS ALÁ!
(Ana Mª Fernández)


CARACOL

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!

O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!

(Manuel María)

sábado, 20 de março de 2010

Facendo galletas co Photoshop.

Remata o inverno...

quinta-feira, 18 de março de 2010

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog