sexta-feira, 12 de novembro de 2010

ARTE POSTAL: POR QUE CHORAN ESTAS MULLERES?





Fixemos unhas postais traballando dentro da corrente artística "arte postal" onde intentamos empatizar con mulleres en distintas obras de arte que están chorando. -Hipotetizamos sobre as razóns dos seus choros. -Buscamos en internet ollos e orellas,como metáfora da necesidade de escoitar as persoas cando o necesitan. - Preparamos as postais: Por unha cara as mulleres chorando sobre unha obra de Picasso onde aparece unha fábrica (como crítica ás institucións educativas que esquencen educar na sensibilidade, caendo en moitas ocasións no tratamento clónico do alumnado, sendo unha especie de producción en serie). Por detrás: os ollos e as orellas humanizáronse buscando soluccións para as mulleres. - Puxemos os enderezos nas postais e foron levadas a correos.
video
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog