domingo, 21 de março de 2010

21 de Marzo: Día da Poesía. Dous poemas relacionados cos temas traballados este trimestre.




NON QUERO SER PRÍNCIPE


NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE QUERO SER RA,
PATIÑAS LIXEIRAS
E LAMA NA MAN.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE BRANCO CABALO,
NIN VER Á PRINCESA,
NIN TER UN CRIADO.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE ANDE ÁS BATALLAS,
QUE DURMA NA CÁRCERE
DAS ALTAS MURALLAS.
EU QUERO O SILENCIO
DA LAGOA ESCURA,
CROAR CADA NOITE,
SOÑAR COA ESPESURA.
EU QUERO A LENTURA
DA ERBA ESQUECIDA,
O ULIDO DAS FLORES
NUNHA AMAÑECIDA.
NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE SEDA TAPADO,
NIN LEVAR ESPADA
NIN USAR CALZADO.
¡DEIXÁDEME LIBRE
QUE QUERO SER RA,
QUE AS AUGAS ME FALEN
DO QUE HAI MÁIS ALÁ!
(Ana Mª Fernández)


CARACOL

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!

O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!

(Manuel María)
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog