domingo, 7 de fevereiro de 2010

O noso disfrace: BOLBORETINAS EN EDUCACIÓN INFANTIL.

O curso pasado fumos disfrazados/as de seres reais do mar:polbos,percebes...este curso iremos de seres fantásticos dos mares galegos. En Educación Infantil, eleximos o relato das BOLBORETINAS.

As atadoras (reideras) de Aguiño, contan que as noites de lúa chea cheísima, se o vento pasa por dentro dunha buguina, aquelas cunchas que están unidas enriba da area das praias de Aguiño, convírtense en bolboretinas. Bolboretinas que sairán voando. Non é fácil distinguir as bolboretas de terra das bolboretinas de mar. Tede moito coidado, son moi fráxiles!
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog