sábado, 31 de outubro de 2009

quarta-feira, 28 de outubro de 2009

terça-feira, 27 de outubro de 2009

domingo, 25 de outubro de 2009

Facemos "poemas-nubes" cas nosas "brincas de sorte".

Para crear nubes con palabras.
Poema-nube:Ai que risa!
Poema-nube:A mosca chosca.
Poema- nube: A rá.
Poemario experimental entre centros: Redeiras.

sábado, 24 de outubro de 2009

Nubes de xornal, nubes-animais.



Bicos de Vento.


Os nosos poemas de aula en Bicos de Vento.

As estacións en Educación Infantil co cambio climático?



Para xogar con Lelo na súa granxa.

quarta-feira, 21 de outubro de 2009

segunda-feira, 19 de outubro de 2009

Poesía experimental: Poemario Redeiras.




Este curso continuamos co noso “poemario experimental” entre colexios de toda Galiza proposto polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, podedes ver os poemas que vaian facendo outros colexios e o noso neste novo blogue: Redeiras.
Na nosa clase estamos facendo voar obxectos poñéndolle ás.

Pintamos no AQUELARRE: lugar onde se reunen as meigas/os de tódalas clases de Educación Infantil.




Quen produce a chuvia? Coñecemos os nubeiros e as nubeiras(ou mexonas)



Podemos atopar auga en moitos lugares. Pero como chega a auga ata aqui?

Hoxe investigamos sobre os Nubeiros e as Nubeiras (ou mexonas) seres mitolóxicos que fan que chova.

Poden ter apariencia humana e ser calquera, ou vestir de negro.

Para ir ata as nubes utilizan dúas técnicas:

POLVORIÑA: Xuntan moita terra seca ou po. Mexan enriba dela e suben ó fume en forma de remuiño que se desprende para ir voando.

FUMIEIRA: Buscan o burato dunha toupeira, fan lume dentro del e cando sae o fume montan enriba del.

Cando están no ceo, son como pastores e pastoras das nubes. Xúntanas para exprimilas e que saia a chuvia. Cando chove pouco son os nubeiros e cando chove moi forte as nubeiras(ou mexonas)



Sabiades que nos regatos dos camiños viven as Lumias?


As Lumias son seres mitolóxicos da auga que son mitade muller-mitade dragón.

Buscamos Lumias en internet.

Proxecto: Nubeiros e nubeiras na Lagoa.




A primeira fase deste proxecto será investigar onde podemos atopar auga:
Bañeira.
Piscina.
Fonte.
Mar.
Ceo.
Mangueira.
Botella.
Alcantarillas.
Water.
Xeo.
Grifo.
Charcos.


segunda-feira, 12 de outubro de 2009

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog