quarta-feira, 25 de fevereiro de 2009

O mar de Aguiño encheuse de polbiños e polbiñas.





(Imaxe: Nenas e nenos disfrazados/as).

As nosas cabezas de Makakiños e Makakiñas.


(Imaxes: Nenas e nenos xogando no patio do colexio).

Preparando os polbiños Makakiños e as polbiñas Makakiñas.





(Imaxes: Nenas e nenos pintando o plástico dos polbos)

O pai de Lucía Rosal e o pai de Diego pescando polbiños.


(Imaxes: Pais facendo disfraces).
O Equipo de Educación Infantil agradece a colaboración dos pais e as nais na elaboración dos disfraces.

domingo, 15 de fevereiro de 2009

quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

O capitán Benito e a Grumeta Quilla.




(Imaxe: Nenas lendo a mensaxe do Capitán Benito. Uxía co Capitán Benito).
Fai uns días chegounos unha botella cunha mensaxe. Era do Capitán Benito e a Grumeta Quilla que está navendo polo mar de Aguiño e resulta que están atopando un montón de botellas de plástico que contaminan e matan os nosos peixes.
E agora viñeron en persoa á biblioteca a preguntarnos se foramos nós, xa lle dixemos que nos reciclamos o plástico no lixo amarelo. Contáronnos unha historia que pasou fai uns anos pretiño de Sálvora. Afundiuse o Santa Isabel e unhas mozas moi valentes rescataron a moita xente convertíndose asi nas nosas queridas Heroínas.

001 Santa Isabel02

Comparamos o noso esquelete co do golfiño.



















(Nenas e nenos observando o esquelete)
(1)Xogo sobre o corpo humano.

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

Canción de berce inventada para os bebés-golfiños.


PARTO.

MAMAS.
CA SÚA NAI.

ECOGRAFÍAS.

Golfiño, golfiño,
golfiño de Aguiño,
que vai polo mar,
e xoga cun cabaliño.

As vaquiñas de Lucía Pérez.




O avó de Lucía P. ten unhas vacas moi fermosas e a súa familia mandounos fotos delas polo correo electrónico. Ademáis a súa madriña vive en Madrid e sempre nos manda agasallos: fotos de animais, do Retiro nevado e hoxe esta presentación de vacas que pasean polas rúas tranquilamente.

domingo, 1 de fevereiro de 2009

Xogamos, e seguimos xogando..

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog