sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

Visitan as nosas casas Xenxo e Xema para aprender galego.






A finais do curso pasado chegaron dez nenos e nenas de distintas partes do mundo. Todos e todas teñen nomes galegos con X e os seus apelidos é a tradución da palabra Serea a distintos idiomas: italiano, alemán, catalán, portugués... A boneca da nosa clase chámase Xema e o boneco Xenxo.
Este curso sairán de paseo por Aguiño para aprender cos nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria a falar en galego, xogando nas súas casas. Xa foron á casa de Lucía R, Iago e Lucía P.
Coa colaboración das familias van anotando as palabras que aprenden nun caderno que medra ó longo de todo o curso.
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog