domingo, 13 de dezembro de 2009

A ARAÑA RAÑA RAÑA


CANDO CHEGA O INVERNO,
O SEÑOR VENTO,
TEN MOI FRIO
O ALENTO.

CANDO CHEGA A XIADA,
A ARAÑA RAÑA RAÑA,
TODA AFRIAXADA,
FAI CALCETA
DENTRO DUNHA MACETA.

CANDO CHEGA A NEVADA,
A ARAÑA RAÑA RAÑA,
FAILLE UNHA BUFANDA DE CORES
Á SEÑORA MONTAÑA,
QUE XA TEN A CACHOLADA CONXELADA.


Brinca en Bicos de Vento.
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog