segunda-feira, 19 de outubro de 2009

Quen produce a chuvia? Coñecemos os nubeiros e as nubeiras(ou mexonas)



Podemos atopar auga en moitos lugares. Pero como chega a auga ata aqui?

Hoxe investigamos sobre os Nubeiros e as Nubeiras (ou mexonas) seres mitolóxicos que fan que chova.

Poden ter apariencia humana e ser calquera, ou vestir de negro.

Para ir ata as nubes utilizan dúas técnicas:

POLVORIÑA: Xuntan moita terra seca ou po. Mexan enriba dela e suben ó fume en forma de remuiño que se desprende para ir voando.

FUMIEIRA: Buscan o burato dunha toupeira, fan lume dentro del e cando sae o fume montan enriba del.

Cando están no ceo, son como pastores e pastoras das nubes. Xúntanas para exprimilas e que saia a chuvia. Cando chove pouco son os nubeiros e cando chove moi forte as nubeiras(ou mexonas)



Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog