sábado, 29 de novembro de 2008

LÚAS DE LETRAS.

Máis poemas á Lúa.



Estamos en lúa nova.

As veciñas e os veciños do verme Pepiño.

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

domingo, 23 de novembro de 2008

Semana do Magosto.


Conto elaborado pola amiga da mestra Uxía, Inés(1).
(1).Habla por mi dice Iago.

Subimos a lúa con Haring.




sábado, 22 de novembro de 2008

Subimos a lúa con Matisse.


sexta-feira, 21 de novembro de 2008

A nasa no mar das Serpes.


(Imaxes: Poema visual feito cas palabras que pescariamos cunha nasa traída por Lucía Pérez no mar das Serpes).
Aqui tedes o noso poema visual. As familias podedes visitar o taboeiro onde estamos colgando tódolos poemas que estamos facendo no colexio e os que estamos recibindo doutros colexios na pranta de arriba. Xa sabedes que este proxecto que está tendo tan boa acollida "Amadriña/apadriña unha palabra" parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Tamén podedes desfrutar deles no blogue de Innovación "Heroínas de Sálvora" (1).

Paisaxe lunar: o mar das serpes.







(Imaxes: Nenos e nenas compondo o poema visual cunha nasa. Imaxe dun cráter da lúa).
Hoxe empezamos a investigar sobre a paisaxe lunar. Primeiro fixemos un debate onde discutimos se a lúa é plana ou se ten algún accidente xeográfico. Curiosamente a pesar de levar xa un tempiño con este proxecto a gran maioría dixo que era plana. Fumos o ordenador e nos fixamos nas distintas manchas. Descubrimos que a lúa ten mares, lagos, cráteres...(1). Teñen nomes moi fermosos: mar da tranquilidade, mar dos vapores, mar das nubes...O primeiro mar que visitamos foi o Mar das Serpes (2). A partir desta información decidimos facer un poema visual, se botamos unha nasa ó Mar das Serpes que poderíamos pescar?. Fixemos o mar das Serpes escribindo a letra S nun mar de cores. Foi un paseo poético pola paixase lunar.

Todas e todos merecen un lugar.

Dereito a soñar.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

As nosas mans deben ser para protexerlles.

Sumando palabras...











(Imaxes: Nenos e nena compondo un poema sobre a lúa)
Cada quen escribiu a súa palabra, primeiro a man e logo no ordenador, xogamos cos tamaños para facer unha escaleira ata a lúa-cd...pero non chegamos...necesitamos máis palabras...




Seguimos compondo poemas: como podemos subir ata a lúa?


(Imaxes: Nenos xogando cunha escaleira).
Como podemos subir ata a lúa? Pois podemos subir cunha escaleira de palabras!


domingo, 16 de novembro de 2008

Saímos no xornal.

(Imaxe: Nenas e Nenos de Educación Infantil coa mestra Iria, Uxía e o mestre Telmo, xunto ó Escudo de Castelo feito polo Equipo de Educación Artística).
O proxecto de Innovación en Normalización Lingüística (4) xa está en marcha. Saimos en distintos medios de comunicación.

(1) La voz de Galicia.
(2)Código cero.
(3) Páxina da Xunta.
(4) Heroínas de Sálvora.

Seguimos co proxecto da Lúa: O día 13 lúa chea, cheísima.




O día 13 a lúa estaba chea, cheísima...despois de ler o conto A que sabe a Lúa? sabemos que a lúa pode ter moitos sabores. Hoxe nós preparamos lúas de melocotón e fresa.


Maquillámonos.


Gústanos coller as nosas fotos,sacarlle as cores(1) e logo pintalas no ordenador da clase ou no Encerado Dixital.Tamén as imprimimos e as coloreamos.
(1).Para baleirar as cores das imaxes.

Facemos puzzles.


Outra maneira de xogar ca lúa e facendo puzzles (1).Agora xa temos internet en clase por cable e xa non soe fallar, así que eleximos unha foto ou imaxe, facemos o puzzle (número de pezas, forma das pezas...),e logo xogamos no Encerado Dixital entre todas e todos con el (2).
(1)Puzzles.
(2)Puzzle da lúa.

sábado, 15 de novembro de 2008

Faladoiro dos luns: lemos a prensa.



(Imaxes:Nenas e nenos lendo o xornal).
Tódolos luns no faladoiro(asamblea)comentamos a prensa. As veces facemos un sorteo cos números das páxinas do xornal para elexir a nova que comentamos. Logo a encargada ou encargado,busca a portada no Kiosko virtual(1).
(1).Kiosko virtual.

domingo, 9 de novembro de 2008

sábado, 8 de novembro de 2008

O nosos primeiros poemas visuais: Follas con mensaxes.




Este curso o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística puxo un marcha un proxecto de Poemas visuais, xogando cos obxectos e reinventando utilidades, dotándoos de vida,... cos signficados das palabras en galego,...O Ceip de Aguiño invitou a varios colexios creando así unha rede de Poetas e poetisas visuais. Actualmente participan neste proxecto:
O Ceip de Punxín (Ourense).O Ceip Xulio Camba (Pontevedra)A Escola de Educación Infantil Baiuca. (Pontevedra)O Ceip O Ramo.(Fene)O Ceip Pazos. (Ferrol)
Xa nos enviaron varios poemas que podedes ver no blogue do colexio Heroínas de Sálvora (1) e tamén fixeron un as nenas e os nenos de 2ºB ca profe Gloria (2).
Este é o primeiro poema que facemos nós. Partimos da pregunta: Que cousas barrerias?. Logo escribimos sobre follas de outono , como o rotulador non se notaba ben escribimos as palabras tamén a ordenador. Finalmente sacamos as fotos e eleximos por votación a que máis nos gustou para o nosos poemas.
(2) Poema visual de 2ºB.





Xogar é crear mundos desexados. Xogar a voar.

Historia dunha flor.









(Imaxes: Nenas prantando os gallos que trouxeron as familias)

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

As lúas de Miró.



Estamos buscando lúas nas obras de arte de Joan Miró. Hai lúas de miles de cores, grandes e pequenas, cheas e minguantes...coleccionamos as súas lúas.

Colaboración das familias: gallos de prantas para o colexio.


(1)Proxecto de Educación Ambiental.

As cores das follas.









(Imaxes: Nenas facendo obras de arte no scaner).
Estivemos facendo composicións con follas de cores no escaner, despois de scanear puxémoslle o noso nome. Cada día iremos poñendo unha das obras creadas no fondo de escritorio.

segunda-feira, 3 de novembro de 2008

Tristeza, sorpresa, ledicia...traballamos os sentimentos e os xestos cas cabazas do Samaín.



Primeiro cada nena e cada neno elexiu unha cabaza.Despois ía describindo a súa cara e como pensaba que sentía: triste, contento...e finalmente imitámolas. (1).
(1). Emocións que foron dicindo as nenas e os nenos.

Conto de contos.


Dentro dun conto sempre viven máis contos. Nun dos que leimos sobre a lúa aparecía unha xirafa. Neste vídeo namóranse unha xirafa e unha grúa de porto.

Relato no bosque.


As veces nos son necesarias as palabras para escribir un relato. Música e imaxes bailan neste bosque para contarnos a fermosa historia dun páxaro (1).
(1) Relato.

Semana dos medos.






(Imaxes: Nenas e nenas disfrazados de pantasmas no teatrillo de luz organizado pola mestra Vanesa).
Dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propúsose adicar unha semana para traballar o tema de "Os medos". O Equipo de Educación Infantil organizou varios obradoiros: animación na biblioteca, teatrillo de luz, artepantasma e xogos-relatos no Encerado Dixital (1).

(1). Habitación do medo.
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog