quarta-feira, 29 de outubro de 2008

A cabaza do Encerado Dixital.



O bo de ter é compartir. Nós temos unha mestra-amiga que se chama Belén (1) que sempre comparte aqueles tesouros que vai atopando por internet. Hoxe xogamos ca súa cabaza(2). Podemos ver algunhas das cabazas que temos nos pasillos do cole no caderno de Heroínas de Sálvora(3)

(1) A nosa amiga Belén.
(2) Cabaza virtual.
(3)Heroínas de Sálvora.

Onde viven os monstruos?

Contos celestes:seguimos buscando a nosa Lúa.



terça-feira, 28 de outubro de 2008

Os castelos de area chegan a Porriño.



(Imaxes: nenas e nenos xogando no Encerado Dixital)

Hoxe recibimos no noso correo as fotos duns amigos e dunhas amigas dun colexio de Porriño de Educación Especial que se chama Aceesca (1), onde traballou a mestra Uxía. Experimentaron e crearon cun xogo (2) que lle mandamos dende a nosa aula co seu mestre Manolo. Elas e eles tamén saben facer castelos de area. Elas e eles tamén soñan con mundos cheos de cores.
(1)Aceesca.
(2) Xogo de area.

segunda-feira, 27 de outubro de 2008

As nosas ventás.

Sorbiños de Lúa.






















(Imaxes: nenas e nenos facendo xogando con botellas de plástico)
O outro día fritimos na tixola lúas, hoxe estivemos preparando botellas de cores para bebela a sorbiños .

domingo, 26 de outubro de 2008

As lúas de Lucía Pérez e da súa familia.

Seguimos xogando ca lúa.


UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”

ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.

POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA NON ESTOU NAMORADO !”

Antonio García Teijeiro.

sábado, 25 de outubro de 2008

As árbores de outono, espidas e escritoras.


(Imaxes: Creacións de Glenn Marshall)




(Imaxes: Nenos e nenas cubrindo de follas e froitos o ser do outono)

No outono as árbores debuxan historias cas polas no vento e coas súas sombras espidas (1) (2). Hai uns seres máxicos que esperan a que chegue o outono para saír das súas covas e cubrirse de follas, de castañas, de millo, de noces...son seres que so poden ser vestidos polas mans de nenos e nenas. Son seres que so poden mirar os/as que creen na fantasía das estacións.
(1) Creación de Glenn Marshall.
(2)Creación de Glenn Marshall.

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

Bailamos con Erica Russell.




(Imaxes: Nenos e nenas bailando ).

Hoxe coñecimos e bailamos ca artista Erica Rusell (1), os seus debuxos bailan, polo tanto os nosos debuxos tamén poden bailar

Montañas de area, area de cores, cores nas mans...








(Imaxes: Nenos e nenas xogando no EDI ca aplicación de montañas de area).

Hoxe estivemos facendo castelos de area no Encerado Dixital (1). Para cambiar de cor tiñamos que buscar no teclado a letra C. Despois subimos a nosa obra de arte (2) a unha galería onde había debuxos feitos por outra persoas (3). Saíanos area da man, foi máxico.


(1) Aplicación para xogar ca area.


(2) A nosa obra de arte.


(3)Galería de obras feitas.

segunda-feira, 20 de outubro de 2008

Arte-outono.





(Imaxes: Obras de Carl Waner feitas con distintos alimentos).





(Imaxes: Obras de Arcimbolo tituladas: Primavera, Verán, Outono e Inverno, feitas con elementos vexetais propios de cada estación).


Hoxe as mestras de Educación Infantil lle pedimos colaboración ás familias para que as nenas e os nenos traían froitos do outono e follas secas de moitas cores. Queremos facer unha composición a partir do estudo da obra de Arcimbolo (1) e Carl Warner(2), os dous traballan con froitos, hortalizas...nas súas composicións. Traballaremos as obras destes artistas, as nenas e os nenos terán que asocialas cas distintas estacións según as súas características, as súas vivencias, as súas experiencias....porque o outono non ten que ser para todo o mundo igual, cada un/a ten dereito a ter o seu propio outono.




domingo, 19 de outubro de 2008

Un agasallo moi especial para nós.


(Imaxe: Conto sobre a Lúa cunha foto de Iago e Diego. )

Hoxe recibimos un conto sobre a Lúa de Diego e Iago. Iago (1) é un neno de Porriño,alumno nun dos colexios onde traballou a nosa mestra Uxía. A mestra emocionouse. Ultimamente non nos vai Internet na aula, en canto arranxen o problema visitaremos o seu blogue.

(1) Blogue de Iago.

sexta-feira, 17 de outubro de 2008

O universo dentro dunha tixola.





(Imaxe: Tódalas palabras dentro da tixola).

Facemos o noso poema visual: Que sentimos cando miramos a tixola?







(Imaxes: Nenas e nenos escribindo palabras que lle suxiren a tixola e metendoas dentro desta).
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog