sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Paisaxe lunar: o mar das serpes.







(Imaxes: Nenos e nenas compondo o poema visual cunha nasa. Imaxe dun cráter da lúa).
Hoxe empezamos a investigar sobre a paisaxe lunar. Primeiro fixemos un debate onde discutimos se a lúa é plana ou se ten algún accidente xeográfico. Curiosamente a pesar de levar xa un tempiño con este proxecto a gran maioría dixo que era plana. Fumos o ordenador e nos fixamos nas distintas manchas. Descubrimos que a lúa ten mares, lagos, cráteres...(1). Teñen nomes moi fermosos: mar da tranquilidade, mar dos vapores, mar das nubes...O primeiro mar que visitamos foi o Mar das Serpes (2). A partir desta información decidimos facer un poema visual, se botamos unha nasa ó Mar das Serpes que poderíamos pescar?. Fixemos o mar das Serpes escribindo a letra S nun mar de cores. Foi un paseo poético pola paixase lunar.
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog