sábado, 8 de novembro de 2008

O nosos primeiros poemas visuais: Follas con mensaxes.




Este curso o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística puxo un marcha un proxecto de Poemas visuais, xogando cos obxectos e reinventando utilidades, dotándoos de vida,... cos signficados das palabras en galego,...O Ceip de Aguiño invitou a varios colexios creando así unha rede de Poetas e poetisas visuais. Actualmente participan neste proxecto:
O Ceip de Punxín (Ourense).O Ceip Xulio Camba (Pontevedra)A Escola de Educación Infantil Baiuca. (Pontevedra)O Ceip O Ramo.(Fene)O Ceip Pazos. (Ferrol)
Xa nos enviaron varios poemas que podedes ver no blogue do colexio Heroínas de Sálvora (1) e tamén fixeron un as nenas e os nenos de 2ºB ca profe Gloria (2).
Este é o primeiro poema que facemos nós. Partimos da pregunta: Que cousas barrerias?. Logo escribimos sobre follas de outono , como o rotulador non se notaba ben escribimos as palabras tamén a ordenador. Finalmente sacamos as fotos e eleximos por votación a que máis nos gustou para o nosos poemas.
(2) Poema visual de 2ºB.





Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog