domingo, 21 de dezembro de 2008

quinta-feira, 18 de dezembro de 2008

Facemos xeado de turrón.








  • (Imaxes: Nenos e nenas preparando e comendo o xeado).

    Fixemos XEADO DE TURRÓN. Os ingredientes son:



    • Turrón do blandiño.

    • Nata.

    • Leite.

    • E se che gusta moi doce, sucre.

    Fixémolo na clase da mestra Sara. Metemos todo, pouco a pouco, nun cacharro e batémolo. Logo botámolo en moldes e directo ó conxelador.

domingo, 14 de dezembro de 2008

Alistán.o demo oveiro. A elipse da lúa.

Estivemos investigando que a lúa describe un camiño en forma de elipse ó redor da terra. Unha elipse parécese a un ovo.(1)
(1) Alistán, o demo oveiro.

Veremos bailar a lúa na beira, beira do mar...Atún!



sábado, 13 de dezembro de 2008

Mestras de Educación Infantil do Ceip de Aguiño.

As mestras de Educación Infantil desexan que o espíritu do Nadal estea presente os 365 días do ano 2009! Queres ver que marcha (1) teñen?
(1)Mestras de Educación Infantil bailando.

Xogamos no Nadal.


No colexio xa empezamos a preparar o Nadal, e coma sempre tamén temos xogos no ordenador sobre o tema que traballamos. Podemos decorar a nosa árbore virtual(1), facer bonecos de neve(2), xogar en paisaxes fantásticas(3)...
(1)Arbore de nadal e outros xogos.
(2)Bonecos de neve
(3)Paisaxes fantásticas.

Árbore de Nadal mariñeira.




O Equipo de Educación Artística e o conserxe Andrés montaron a árbore mariñeira cunha rede, chea de peixiños de cores, cunchas...

sexta-feira, 12 de dezembro de 2008

Dámoslle de comer ó Carneiriño que nos regalou o Principiño.



(Imaxes: Iago e Uxía dándolle de comer ó carneiro no ordenador. Portada do conto do Principiño).

Tódolos días a persoa encargada e a persoa secretaria danlle de comer ó carneiro, que agora vive ó final do blogue (abaixo de todo). Come palla e herba. Se cadra dentro de pouco virán máis amigos/as seus a vivir ó noso blogue (1).

(1). Para adoptar mascotas virtuiais.

Ceo-mar de lúas.



(Imaxe:Obra de arte feita con distintos obxectos con forma de círculo traídas pola familias)

Dia 12 de Decembro: Lúa chea.



(Imaxes: Nenos e nenas observando unha torta de turrón).

Hoxe foi día de Lúa Chea e comemos unha lúa de Nadal: con cráteres, con mares...estaba chea, cheísima.

Investigamos os minerais da Lúa.



(Imaxes: Nenos e nenas observando cunha lupa os minerais que trouxo Lucía Pérez).
Seguimos investigando sobre a lúa. Ademáis da súa paisaxe cos seus mares, tamén estamos estudando a súa composición. Lucía Pérez trouxo unhas caixas con minerais de moitas cores. Estivémolos observando cunha lupa.

Facemos sumas con tapiñas de botella.



(Imaxes: Lucía facendo sumas con tapas en caixas de zapatos).
Tódolos días contamos as letras dos nomes: do/a encargado/a e do/a secretario/a. Facemos conxuntos cas tapiñas de botella sobre as tapas de zapatos e logo xuntamos todo na caixa grande. Gústanos sumar, gústanos xuntar as letras dos nosos nomes.

sábado, 6 de dezembro de 2008

Versión multimedia-versión manipulativa.





(Imaxe: Aarón xogando con plastilina na mesa).
Podemos xogar a moitas cousas que teñen a súa versión multimedia (1) e a súa versión manipulativa, pouco a pouco iremos colgando distintos exemplos. Na clase imos rotando,por parellas imos pasando polo ordenador mentras outros nenos e outras nenas están na mesa xogando.Tamén visitamos unha galería online doutro centro.(2)
(1).Formas con plastilina.
(2)Galería de obras feitas con plastilina.

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

Temos que coidar un carneiro.






O pequeno Príncipe trouxonos o seu carneiro para que llo coidemos. Temos que darlle tódolos días de comer, para coller herba ou palla pincharemos na palabra "more". A partir de agora será unha nova tarefa do encargado/a e do secretario/a.

O pequeno Príncipe.





(Imaxe: María contándonos un conto).
Esta semana a mestra María está na nosa clase. Hoxe contounos o conto de O pequeno Príncipe, que casualmente é o conto favorito da mestra Uxía. Estará o seu planeta preto da Lúa?

Seguimos investigando os mares da Lúa:O Mar da Tranquilidade






(Imaxes: Nenas e nenos xogando con algodóns circulares para sentir o mar da tranquilidade).

Pesamos e rexistramos cantidades.




(Imaxes: Nenas e nenos pesando millo nunha balanza)

Magosto, "que gosto"!.




(Imaxes: nenas e nenos celebrando o magosto: maquillándose, bailando...)

sábado, 29 de novembro de 2008

LÚAS DE LETRAS.

Máis poemas á Lúa.



Estamos en lúa nova.

As veciñas e os veciños do verme Pepiño.

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

domingo, 23 de novembro de 2008

Semana do Magosto.


Conto elaborado pola amiga da mestra Uxía, Inés(1).
(1).Habla por mi dice Iago.

Subimos a lúa con Haring.




sábado, 22 de novembro de 2008

Subimos a lúa con Matisse.


sexta-feira, 21 de novembro de 2008

A nasa no mar das Serpes.


(Imaxes: Poema visual feito cas palabras que pescariamos cunha nasa traída por Lucía Pérez no mar das Serpes).
Aqui tedes o noso poema visual. As familias podedes visitar o taboeiro onde estamos colgando tódolos poemas que estamos facendo no colexio e os que estamos recibindo doutros colexios na pranta de arriba. Xa sabedes que este proxecto que está tendo tan boa acollida "Amadriña/apadriña unha palabra" parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Tamén podedes desfrutar deles no blogue de Innovación "Heroínas de Sálvora" (1).

Paisaxe lunar: o mar das serpes.







(Imaxes: Nenos e nenas compondo o poema visual cunha nasa. Imaxe dun cráter da lúa).
Hoxe empezamos a investigar sobre a paisaxe lunar. Primeiro fixemos un debate onde discutimos se a lúa é plana ou se ten algún accidente xeográfico. Curiosamente a pesar de levar xa un tempiño con este proxecto a gran maioría dixo que era plana. Fumos o ordenador e nos fixamos nas distintas manchas. Descubrimos que a lúa ten mares, lagos, cráteres...(1). Teñen nomes moi fermosos: mar da tranquilidade, mar dos vapores, mar das nubes...O primeiro mar que visitamos foi o Mar das Serpes (2). A partir desta información decidimos facer un poema visual, se botamos unha nasa ó Mar das Serpes que poderíamos pescar?. Fixemos o mar das Serpes escribindo a letra S nun mar de cores. Foi un paseo poético pola paixase lunar.
Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog